mércores, 31 de xullo de 2013

Pautas para identificar a abertura das vogais medias

En posición tónica:
  • Son abertas (ɛ, ɔ):
    • a meirande parte das vogais breves do latín clásico: hŏminem > hɔme, ŏpera > ɔbra
      • soe ditongar en castelán: tierra - tɛrra, hueso - ɔ́so
    • a vogal tónica final: dominɔ́, bebɛ́
      • pero: acó, aló, avó
    • nas palabras homófonas, é aberta aquela que porta o til: vɛ́n, prɛ́sa, sɔ́, pɔ́la, ɔ́so
    • as persoas 2ª, 3ª e 6ª dos verbos que presentan alternancia vocálica: bɛbes, cɔmen, dɔrmes, sɛrven
    • o tema de pretérito irregular: coubɛches, coubɛra
    • o nome das letras: e, f, l, m, n, ñ, r, s, o (lémbrese: "e", "o", e as que teñen estructura ɛCe)
    • esdrúxulas e palabras novas: ɔ́bice, cɔ́xegas, ɛ́poca, dirɛcto.
    • as seguntes terminacións:
      • -en (ninguɛ́n, bɛ́n)
      • -el (papɛl); excepcións: el, aquel
      • -encia (influɛncia)
      • -ol (españɔl)
      • os seus plurais: papɛis, españɔis
    • boa parte dos ditongos ueuo: frecuɛnte, cuɔta
    • as paroxítonas rematadas en ditongo crecente: sɛrie, matɛria, ɔdio, sɔcio
  • Son pechadas (e, o):
    • a meirande parte das vogais largas do latín clásico
      • non soe ditongar en castelán: oso - oso
    • a vogal temática dos verbos da 2ª conxugación regular: lamber, lambedes
    • o tema de pretérito regular: collemos, collera
    • as formas de infinitivo: collermos
    • as formas do imperativo: colle ti, mete ti
    • as formas: fomos, fora, fose, ...
    • o nome das letras: b, c, d, g, p, q, t, x, z
    • vogal interior diante de palatal: axexa, pechas, tellan, empeña
    • verbos rematados en -ear, -oar: coxean
    • as seguintes terminacións:
      • -es (coruñés)
      • -ello (cortello)
      • -eo (feo)
      • -eza (grandeza)
      • -or (matador)
      • -oso (fermoso)
    • boa parte da secuencia on: lambón, monte
    • palabras con perda de -n-: bo, coroa (bonus, corona)
  • Nalgunhas rexións da fala galega, dase a metafonía: 
    • abertura de eo por influxo de a final: hora > hɔra; ela > ɛla
    • pechazón de ɛɔ por influxo de eo final: nɛve > neve; mɛdo > medo; sɔgro > sogro
    • As solucións normativas, con extensión xeográfica maioritaria, son as seguintes:
      • o seguido de nasal: ponte
      • corpo, medo,  nobelo
      • cɔrvo, martɛlo
En posición pretónica: no galego tradicional producíase unha redución vocálica en posición pretónica que resultaba nun sistema de cinco vogais:
  • fɛrro > ferreiro
Na actualidade, este proceso deixa de operar en:
  • derivados: guɛrrear, desɔvar, cɛltismo, mɛdicina
  • palabras novas: ɔficina, ɛquipo
    • especialmente en sílaba libre inicial: ɛmitir, ɔmitir, ɛconomía
  • algúns prefixos: tɛrmonuclear, sɔcioloxía, sɛmicírculo, pɔliɛdro
    • pero: monocameral, fonoloxía, protolingua, retroactivo

Bibliografía:

martes, 30 de xullo de 2013

Evolución fonética das linguas peninsulares

Pódese dicir que, desde o século X, máis ou menos, o latín vulgar que se falara na península evolucionó a un continuum lingüístico chamado romance, que foi evolucionando de maneira diferente nas distintas rexións xeográficas, mais aínda non se podería falar de linguas ben diferenciadas (galego-portugués, castelán, navarro-aragonés, astur-leonés). Mentres que o catalán mantívose máis distante do romance occidental, neste a evolución das consoantes foi en xeral bastante homoxénea. As sibilantes propias do romance occidental son as seguintes:
  • /ʃ/ e /ʒ/
  • /s/ e /z/
  • /ʦ/ e /ʣ/
En Galicia, as transicións fundamentais foron as seguintes:
  • /kl/ > /ʎ/:     OCULU(M) > OLLO;     AURICULA > ORELLA
  • /pl/ > /ʧ/:      PLUVIA > CHUVIA
  • /s/ > /z/:       AUSARE > OUSAR
  • /sk/ > /ʃ/:      DAMASCENA > AMEIXA
  • /ps/ > /ʃ/:      CAPSA > CAIXA
  • /j/ > /ʒ/:        IAM > JA;     IANUARIS > JANEIRO
  • /ɡ/ > /ʒ/:       GERANIU(M) > GERANIO
  • /di/ > /ʒ/:      DESEDIU(M) > DESEJO
  • /k/ > /ʣ/:     DICERE > DEZIR;     PLACERE > PRAZER
  • /sk/ > /ʦ/     NASCERE > NACER;     DESCENDERE > DECER (descender)
En Castela a evolución foi un pouco diferente:
  • /kl/ > /ʒ/:     OCULU(M) > OJO
  • /pl/ > /ʎ/:     PLUVIA > LLUVIA
  • /kt/ > /ʧ/:     LUCTA > LUCHA;     AUSCULTARE > ESCUCHAR
No século XV, o par de africadas [ʦ] e [ʣ] convertíronse en fricativas laminodentales [s̪] e [z̪] en Castela e en Galicia (ata o Douro, aproximadamente), mentres que na meirande parte de Portugal confundíronse coas sibilantes [s] e [z], dando coma resultado sempre o segundo par. A sibilante [s̪] existe no vasco coa grafía «z». A distinción apical-laminar [s̺/s̪] aínda existe nalgunhas falas do norte de Portugal con grafías s/ss e c/ç/z, respectivamente, e tamén nos concellos galegos de Entrimo e Lobios.

No século XVI, en Castela e aínda antes en Galicia, perdérase a distinción entre sibilantes sordas e sonoras, dando sempre coma resultado a sibilante sorda: cerveja > cervexa, etc. O último axuste de sibilantes dase nas (xa recoñecidas) linguas galega e castelá, coa aparición de dous subsistemas:
  • Distinguidor: [s̪] > [θ]
  • Seseante:     [s̪] > [s̺] (pérdese a distinción apical-laminal)
En castelán, ademais, dase o cambio [ʃ] > [x], cun posible valor intermedio [ç].

O betacismo (a igual pronuncia de b e v) e unha propiedade común á meirande parte da fala peninsular que xa existira no latín vulgar. Non temos ben claro o valor fonético dos sons [b], [β] e [v] naquela, aínda que semella que en Galicia [v] xamais tivo valor fonético, senón que apareceu como alófono de /f/. En troques, non é claro se o castelán tivo esta distinción.

O catalán, en troques, aínda ten consoantes sonoras e africadas; a evolución foi a seguinte:

  • /kl/ > /ʎ/:     OCULU(M) > ULL;     AURICULA > ORELLA
  • /l/ > /ʎ/:       LINGUA > LLENGUA; LUMINE > LLUM
  • /ps/ > /ʃ/:     CAPSA > CAIXA /'kaʃə/
  • /j/ > /ʒ/:       IUVENE(M) > JOVE
  • /ɡ/ > /ʒ/:      GERANIUM > GERANI
  • /dk/ > /ʒ/:     MANDUCARE > MENJAR
  • /dk/ > /ʣ/:   SEDECE > SETZE /'sɛʣə/
  • /j/ > /ʧ/:        MAIU(M) > MAIG /'maʧ/
  • /di/ > /ʧ/:      DESEDIU(M) > DESIG 
  • /ɡi/ > /ʤ/:     PLAGIA > PLATJA

En canto ás vogais, a evolución tamén foi diferente. O galego-portugués mantivo as vogais medias-pechadas e medias-abertas do latín vulgar, mentres que o castelán optou por un sistema de cinco vogais, coma aquel do vasco, ditongando as vogais medias-abertas:

  Latín     Galego-portugués     Castelán
    ĕ                     ɛ                         ie
    ŏ                     ɔ                         ue
    ē                     e                         e
    ō                     o                         o

O galego-portugués ten tamén a tendencia a ditongar os grupos consonánticos: LUCTA > LOITA, PECTUS > PEITO. Na actualidade, o galego preserva o chamado «ditongo indoeuropeo» oi, mais non o Portugués normativo (luta no canto de loita; vassoura no canto de vasoira; fruta no canto de froita).

O catalán posúe as sete vogais do galego, aínda que, en posición átona, a e e redúcense a /ə/ e o e u en /u/.

Cómpre lembrar que coa Reconquista da Península Ibérica (S. VIII - XV), os romances do norte da península foron reemprazando a aqueles do sur, disque o mozárabe e o romance que estaba a desenvolverse no sur da Lusitania e que deixou algúns topónimos, como Molino ou Mértola (Portugal).

O vasco actuou, con distintos graos, como substrato para as linguas peninsulares. Semella que moitas das características do castelán moderno son debidas ao substrato vasco:

  • perda da f inicial: FUMU(M) > HUMO;     FARINA > HARINA
  • inclusión de e inicial epentética: STELLA > ESTRELLA
  • sistema vocálico de cinco fonemas
  • betacismo (podería ser de orixe latina)
  • perda das sibilantes sonoras
  • distincion s/z (apical/laminal)
  • léxico común (izquierdachatarraórdago, etc.)
A lingua navarroaragonesa, en troques, nalgúns aspectos evolucionou paralelamente ao catalán:

  • /j/ > /ʤ/ > /ʧ/:     IUVENE(M) > JOVEN > CHOVEN
O asturleonés evolucionou coma o galego nalgúns aspectos, e coma o castelán noutros: OCULU(M)
> GÜEYU, aínda que presenta unha certa neutralización vocálica máis propia do catalán: les coses. Ámbalas dúas linguas presentan as cinco vogais do castelán.

Bibliografía:

  • Ramón Mariño Paz (1999): Historia da lingua Galega. Gotelo blanco
  • Real Academia Española (2011): Nueva gramática de la lengua Española: Fonética y fonología. Espasa
  • Julia Butiñá Jiménez (coordinadora) (2005): Llengua Catalana I.UNED
  • Wikipedia: diversos artigos