Na actualidade existen dúas forzas sobre o galego: a necesidade de revitalización, de evitar un galego deturpado, e a realidade lingüística: o verdadeiro galego é o que fala a xente e non o que queremos que sexa.
A elaboración dun estándar lingüístico, pese aos problemas cuxa elaboración comporta, é unha necesidade para dotar de prestixio a unha lingua, e tamén para garantir a súa supervivencia.
Hoxe en día non temos un único estándar que agrade a todo o mundo, e isto non fai senón complicar a situación do galego. Algúns queren falar portugués, outros queren falar «anti-castelán» e moitos o que queremos é falar galego.
Un dos maiores problemas é a idea, tan estendida como falsa, de que se unha forma fica máis preto do castelán que do portugués, é un castelanismo. Isto non é sempre así, e pode deberse á evolución interna da lingua.
Un exemplo disto é a terminación -cio/-cia en palabras patrimoniáis como espazo: a reaparición do iode (espazo > espacio) foi un proceso de relatinización na Idade Moderna influido polos cultismos e non polo castelán. Na miña opinión, se un termo está estendido na fala desde séculos, é xenuinamente galego, independentemente da súa orixe*.
Tamén as grafías «ñ» e «ll» danse xa no galego, e incluso nalgúns textos portugueses, na Idade Media. A ñ é unha evolución da grafía orixinal «nn» empregada nas Cantigas de Santa María. En troques, as grafías «nh» e «lh», de orixe provenzal, nunca foron moi empregadas en Galiza.
Otra razón pola que o galego non é máis empregado é a súa ausencia ou mal uso do mesmo nos medios de comunicación e mesmo en figuras representativas coma políticos de Galiza. Moitos galegos queren o falar mais non ten motivación dabondo.
Lémbrese tamén que, aínda que algúns queren mudar a nosa fala cotiá, a lingua debe estar ao servizo dos falantes, e non ao revés.
* non quero dicir con isto que a solución espacio deba prevalecer sobre espazo, senón que a elaboración dun estándar culto da lingua require dun estudio exhaustivo da historia e da fala actual do galego e, tamén, que non é correcto estigmatizar aos que non fala como dita a normativa.
* non quero dicir con isto que a solución espacio deba prevalecer sobre espazo, senón que a elaboración dun estándar culto da lingua require dun estudio exhaustivo da historia e da fala actual do galego e, tamén, que non é correcto estigmatizar aos que non fala como dita a normativa.